Deputación de Lugo

A Deputación pon en valor o talento do audiovisual galego na XXIII edición dos Premios Mestre Mateo

Premio Mestre Mateo
Pilar García Porto
Premio Mestre Mateo

A Deputación de Lugo destaca o talento do audiovisual galego na XXIII edición dos Premios Mestre Mateo, celebrados este sábado no recinto Lalín Arena. A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, estivo presente na gala que recoñece a excelencia no cine e na televisión de Galicia e reúne aos profesionais máis destacados do sector.  

 

Puxo en valor a Deputada a calidade das obras nomeadas e deu os parabéns aos gañadores desta edición de 2025. Ademais, Pilar García Porto aproveitou a ocasión para felicitar ao presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, e a todo o equipo organizador dos Premios Mestre Mateo, destacando “o traballo realizado na organización dun evento que se consolidou como un referente para a industria audiovisual galega”. Sinalou que dende a Deputación “temos un firme compromiso co audiovisual, formando xeracións no sector a través da única Escola de Imaxe e Son da provincia, e colaborando con grandes producións galegas, porque cremos que é un sector clave para o desenvolvemento cultural e económico da provincia”.