Deputación de Lugo

A Deputación participa na apertura da sexta edición do Congreso da Federación de Industria, Construción e Agro de UXT Lugo

Pablo Rivera Capón
UGT
Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na inauguración da sexta edición do Congreso da Federación de Industria, Construción e Agro da UXT (UXT-FICA), celebrado no Hotel Torre de Núñez. Este encontro, que reúne a representantes sindicais, profesionais e afiliados da provincia, busca abordar os principais retos e oportunidades dos sectores estratéxicos da industria, a construción e o agro. Durante a xornada, analizáronse temas como a transición enerxética xusta, a innovación tecnolóxica, a formación profesional e o papel do movemento sindical na defensa dos dereitos laborais.

Pablo Rivera destacou no acto de apertura o papel clave do sindicalismo na defensa dos dereitos laborais e na construción dun modelo produtivo sostible e con futuro. “A UXT é esencial para garantir que a modernización conleve máis dereitos e cohesión social”, afirmou Rivera Capón, ao tempo que reivindicou os avances sociais acadados nos últimos anos grazas á colaboración entre sindicatos e institucións. O congreso contou coa participación de representantes de UXT-FICA a nivel galego e estatal, así como de delegados e delegadas das distintas comarcas lucenses