Deputación de Lugo

O Presidente participa en Palma de Mallorca na VI Conferencia de Presidencias de Deputación Provinciais

JOSE TOMÉ
José Tomé Roca asiste do 20 ao 21 de marzo ao encontro que organiza a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Democracia e Goberno Local. O mandatario provincial tamén intervirá este venres na mesa de debate Retos de turismo responsable

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participa na VI Conferencia de Presidencias de Deputación Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares, organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a Fundación Democracia e Goberno Local, e que se celebra este xoves e venres en Palma de Mallorca. 

Este xoves o mandatario provincial asistiu ao acto inaugural, que tivo lugar no Palacio de Congresos, e á conferencia Pasado, presente e futuro dos Gobernos locais intermedios, presentada  polo Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Barcelona, Alfredo Galán, e impartida polo Doutor en Dereito da Universidade de Bolonia, Tomàs FontLlovet. Ademais, o Presidente tamén participou nas diferentes visitas á cidade enmarcadas dentro do programa previsto.

Na xornada de mañá, José Tomé intervirá como poñente na mesa de debate Retos de turismo responsable na que compartirá o modelo de turismo sostible e de calidade polo que aposta a Deputación de Lugo. Ademais, tamén asistirá á exposición da Declaración Conxunta da VI Conferencia de Presidencias de Deputación Provinciais, Cabildos e Consellos Insulares.

Tomé