A Deputación eloxia en Viveiro o talento e a dedicación da hostalería lucense na súa Gala Provincial

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou na Gala Provincial da Hostalería Lucense, celebrada no Restaurante Louzao, en Viveiro. Durante a súa intervención, López Moreno destacou a importancia do sector da hostalería para a provincia, subliñando que, “ademais de xerar emprego e riqueza, actúa como embaixador do noso territorio". A Deputada reafirmou o firme compromiso da Deputación co sector, que colabora coa Asociación Provincial cunha aportación económica de 40.000€ na promoción turística e gastronómica da provincia.
Un dos momentos máis significativos da noite foi a entrega dos Premios a Toda unha Vida nos Fogóns, que recoñeceron a traxectoria e dedicación de catro hostaleiros lucenses. Este ano recoñeceron a Ana María Gómez Mon, do Restaurante Río Neira, de Ponte de Neira (O Corgo); Benedicto Vela Santos, da Cervecería Kiko, de Burela; Generoso e Amelia, da Lonxa de Burela, e Ángeles Galdo, do Hotel O Val do Naseiro, de Viveiro. Carmela López agradeceu aos porenmiados e eloxiou aos profesionais do sector, destacando "a súa forza, paizón e capacidade de superación".