18 alumnos do CEIP Plurilingüe Virxe da Luz de Portomarín coñecen o Pazo de San Marcos
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, deu a benvida este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a un grupo de 18 estudantes do CEIP Plurilingüe de Portomarín. Os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º curso de primaria coñeceron, de primeira man, o funcionamento da institución provincial, a historia do edificio e realizaron unha visita polas dependencias da Deputación de Lugo. Ademais, tamén recibiron como agasallo institucional unha mochila, unha gorra e unha camiseta.