Deputación de Lugo
Formación

O Presidente recibe a unha representación da UNED que se reúne en Lugo para tratar asuntos que afectan ao campus do noroeste

UNED
José Tomé Roca saudou no Pazo de San Marcos á comitiva formada polo Vicerreitor de Centros da UNED e aos directores e persoal da Universidade de Educación a Distancia en Galicia, Asturias, Castela e León e Estremadura

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este venres na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a unha representación da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) que se reúne en Lugo para tratar diferentes asuntos que afectan ao campus do noroeste. Lembrou o mandatario provincial que a institución provincial colabora co centro da UNED en Lugo cunha achega anual de 25.000€.

No encontro participou o Vicerreitor de Centros da UNED, Jesús de Andrés Sanz, a directora da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira, e directores e persoal dos centros cos que conta a Universidade en Galicia, Asturias, Castela e León e Estremadura. Tomé Roca fíxolles entrega dunha réplica da fachada do Pazo de San Marcos e do libro do Hospital de Isabel II e desexoulles éxito na xornada de traballo. 

No encontro deste venres os responsables da UNED abordaron asuntos que afectan ao conxunto destes centros da Universidade a Distancia situados na Coruña, Burgos, Ourense, Ponferrada, Soria, Asturias, Lugo, Palencia, Pontevedra, Zamora, Ávila, Mérida, Plasencia e Segovia. Unha reunión na que participaron tamén a Vicerreitora de Innovación Docente, Ester López Martín; e o Director do campus do Noroeste, Victor González Sánchez.