Deputación de Lugo

A Deputación camiña coa veciñanza na ruta cardiosaudable da Federación Lucus Augusti á beira do Miño

Pablo Rivera Capón
ruta
cardiosaudable
Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na ruta cardiosaudable que impulsa todos os anos a Federación da Asociación de Veciños de Lugo Lucus Augusti co obxectivo de poñer en valor os espazos verdes ao carón da cidade de Lugo e tamén impulsar actividades que xeren hábitos de vida saudables. Neste ocasión o percorrido foi á beira do río Miño, partindo da Ponte Romana situada no barrio lucense de San Lázaro.

A Deputación colabora con diferentes actividades da Federación Veciñal cunha achega anual de 58.000€ para colaborar con algunhas das súas accións máis representativas, como o Día do Veciño, o Día da Árbore, ou o programa Entre-veciños.