O Presidente formaliza a venda das 6 primeiras parcelas do polígono industrial de Cospeito
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, formalizou a sinatura da venda na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, e ante notario,da venda das 6 primeiras parcelas do polígono industrial de Cospeito, coñecido como parque empresarial de Feira do Monte. Esta operación marca un paso importante no impulso ao desenvolvemento económico e á dinamización do rural, nunha infraestrutura na que a institución investiu 1,3 millóns de euros.
En concreto, a institución provincial vendeu as parcelas número 13,14,15,16 e 17 ao empresario Nicolás Pico Yáñez; mentres que a parcela número 27 foi adquirida por un particular. En total, estas seis parcelas suman 6.377 m2, cun prezo de venda conxunto de 248.000 euros. O prezo por metro cadrado quedou fixado en 39 euros,grazas á aplicación dunhabonificación do 30% sobre o prezo inicial de 55,72 €/m². Tras esta operación, quedan 18 parcelas dispoñiblesdas 24 que conforman o parque, dúas das cales están xa comprometidas e pendentes de formalización.
O parque empresarial de Feira do Monte conta cunha ubicaciónestratéxica, próxima á Autovía A-6, o que facilita a conexión co resto da provincia e mellora a loxística empresarial.A superficie total é de 56.726m2, dos que as parcelas de solo urbano que se poñerán á venda pola Deputación de Lugo ocupan 22.459m2, mentres que o solo dotacional ten unha extensión de 2.247m2; os espazos libres 10.849m2; os viarios e aparcamentos 10.490m2; e as áreas verdes 10.681m2.
No resto dos parques industriais que xestiona a Deputación de Lugo a dispoñibilidade é de 12 parcelas no polígono de Baleira, das 27 existentes; 39 das 51 en Castroverde; 25 en Friol, das 55 coas que contaba este parque; 2 en Ourol das 3 coas que conta; 13 das 19 que había inicialmente no de Paradela; e 2 das 12 iniciais do complexo de Begonte.