Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo participa no Día da Subdelegación de Defensa

José Tomé Roca
Día da Subdelegación de Defensa

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes nos actos conmemorativos polo Día da Subdelegación de Defensa, celebrados no Centro Cultural O Vello Cárcere de Lugo. Durante o evento, José Tomé Roca fixo entrega do Premio do Concurso Literario Escolar ao alumnado gañador do IES Muralla Romana. A xornada incluíu tamén a entrega das condecoracións, unha homenaxe aos falecidos e unha ofrenda floral en sinal de respecto e lembranza. 

No acto estiveron presentes autoridades civís e militares, entre elas, o Alcalde do Concello de Lugo, Miguel Fernández; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López; o Delegado de Defensa en Galicia, Antonio Bernal Martín; e o Xeneral Xefe 15 Zona da Garda Civil de Galicia, Miguel Ángel González Arias, así como membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.