Deputación de Lugo

A Deputación participa en Chantada na presentación dun proxecto que facilitará o uso de drons no sector vitivinícola da Ribeira Sacra

Chantada

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes no Auditorio Municipal de Chantada no acto de presentación do proxecto piloto Escai (Espazos Aéreos Comerciais Innovadores). Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola empresa Ineco co apoio da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, entre outras entidades, que pretende facilitar o uso de drons nos viñedos da comarca da Ribeira Sacra e conectar aos posibles demandantes cos posibles provedores. Neste evento, no que tamén se detallou o marco regulatorio do uso deste tipo de aeronaves, realizouse unha demostración da plataforma dixital Escai e avanzóuselles aos asistentes como rexistrarse e como aproveitar ao máximo as súas posibilidades.