Deputación de Lugo

A Deputación participa en Láncara nos actos en memoria de Fidel Castro no 99º aniversario do seu nacemento

Carlos López
lancara

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este mércores aos actos celebrados no Concello de Láncara con motivo do 99º aniversario do natalicio de Fidel Castro. Neste encontro, que tivo lugar na Casa Museo Ángel Castro Centro de Interpretación da Emigración, un espazo simbólico que rende homenaxe aos vínculos históricos entre Galicia e Cuba. Durante a xornada realizouse unha plantación simbólica de árbores como parte da homenaxe ao aniversario do nacemento de Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro.


No acto participaron tamén membros da corporación municipal; o embaixador da República de Cuba, Marcelino Medina; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro Caloto; a cónsul xeral da República de Cuba en Santiago de Compostela para Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo Sterling; así como representantes da Embaixada da República de Cuba en España e do Consulado en Santiago de Compostela.