A Deputación aproba investir preto de 500.000 euros para mellorar infraestruturas eservizos en Samos e Navia de Suarna
Aprobada a adxudicación-para o período 2025-2027- do lote 3 do contrato de conservación e mantemento das estradas provinciais por un importe de máis de 1M€
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dous acordos de colaboración cos concellos de Samos e Navia de Suarna, cun investimento conxunto de preto de medio millón de euros paramellorar accesos e vías municipais, infraestruturas, e servizos públicos básicos nestes municipios. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen enmarcou estas novas colaboracións dentro do compromiso do Goberno da Deputación coa cooperación cos concellos e a mobilidade da nosa provincia, “dúas prioridades na acción deste Goberno provincialque vimos demostrando con feitos cada semana”.
Por unha banda, a Deputación achega preto de 250.000 euros ao concello de Navia de Suarnapara executar 7 importantes actuacións que redundarán no beneficio dos veciños e veciñas deste municipio da montaña. O Concello de Navia completará este investimento cunha aportación de preto de 2.000 euros.
Entre as intervencións que se levarán a cabo destacan a mellora de camiños en catro parroquias. Concretamente, actuarase no lugar de Coea, na parroquia de Castañedo; no acceso ao núcleo da parroquia de Folgueiras; en Murias de Rao e Coro, na parroquia de Rao e en Vilaverde, Camiño da Fonte e As Veigas, pertencente a parroquia de Vilaverde.
Ademais, informou o Deputado este investimento permitirá ao Concello de Navia acometer a renovación integral da rúa ValleInclán, unha das vías principais do centro da vila. Os traballos consistirán na mellora do firme, reparación do sistema de drenaxe, reposición das ramplas de acceso aos garaxes, colocación dunha nova tubaxe de auga e adaptación das arquetas e pozos á nova altura da rúa. “Unhas obras que permitirán converter a rúa nun espazo máis seguro e funcional para a veciñanza”, sinalou PabloRivera.
Con cargo a este orzamento, o Goberno local tamén poderá realizar a insonorización do polideportivo municipal na Pobra, no que se instalarán paneis de espuma no falso teito da cuberta, coidando os remates nas luminarias e outros elementos suspendidos.
Por outro lado, na Xunta de Goberno desta mañá tamén se aprobou un convenio de colaboración co Concello de Samos por un importe de practicamente 220.000€ para realizar 14 actuacións nun total de 7 parroquias, a maioría destinadas á mellora do firme de estradas locais.
Deste xeito, mellorarase na parroquia de San Xoán de Santalla o acceso ao núcleo de Gamiz, a conexión entre Furela e Estraxiz e varios tramos da vía de Santalla de Arriba. En Santiago de Zoó rehabilitarase o acceso a Zoó e a estrada que une a Montán; en San Martiño de Luosadana vía que une Lousada co Franco; en Pascaisna estrada que vai a Gontán; en San Cristovo do Real acondicionarase o pavimento do núcleo Real; e en San Xoán de Lóuzara o Concello de Samos mellorará o firme do núcleo de Bustofrío, Praducelo, Vila do Castro e Parada de Lóuzara.
“Estes camiños son fundamentais para a mobilidade diaria de máis de 200 veciños e veciñas do concello de Samos. Son vías que dan acceso a vivendas e servizos públicos e que facilitan o transporte de produtos agrícolas, polo que ademais resultan de grande importancia para a actividade económica local”, indicou PabloRivera.
Grazas a esta colaboración o Concello de Samos tamén poderá acometer a renovación doutras infraestruturas do municipio, como substituír as varandas existentesna Ponte de Lóuzarapor outras de madeira; mellorar o bebedoiro público para os animais no lugar de Vila do Castro; e en Formigueiros rehabilitarase o depósito da auga garantindo un subministro eficiente ós máis de 30 veciños e veciñas desta parroquia.
Conservación e mantemento das estradas
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres licitar por un importe de máis de 1M€ do contrato de conservación e mantemento da estradas de titularidade provincial do lote 3 que corresponde coa zona 7, que é a que conforman os concellos do Courel, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga e Ribas de Sil. Este contrato, no que se inclúen as actuacións correspondentes de conservación e mantemento desta zona, conta cunha duración de dous anos e poderá prorrogarse por outro ano máis.