Deputación de Lugo

A Deputación garda un minuto de silencio contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza

Gaza

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado por deputados e deputadas provinciais, persoal da institución e veciños e veciñas, gardou este venres un minuto de silencio contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza. Un acto público que tivo lugar na Praza de San Marcos como símbolo de condena enérxica e repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando así o compromiso da Deputación de Lugo co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresando a súa solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en
Gaza.

A Deputación secundou así a convocatoria realizada pola FEGAMP, que insta ás institucións a manifestar a súa oposición ao xenocidio do pobo palestino.