Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, ao carón da inclusión nas Marchas Ciclistas Unificadas en Barreiros

Special Olympics

Os Deputados de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, e de Medio Rural e do Mar e Mocidade, Daniel García Fernández, participaron este xoves en Barreiros na décimo terceira edición das Marchas Ciclistas Unificadas que organiza Special Olympics Galicia. A institución provincial colabora con esta entidade co obxectivo de concienciar da importancia do deporte como unha prácticavital para fomentar a inclusión a través da visibilización, pero tamén para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional. Ademais da provincia de Lugo, a cita deportiva percorrerá ata o domingo, día 5 de outubro, os municipios galegos de Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilagarcía de Arousa.