O Presidente da Deputación participa nos actos relixiosos do día grande do San Froilán

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este domingo aos actos relixiosos do día grande das festas patronais do San Froilán. O mandatario provincial xunto ao Alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e outras autoridades, formou parte da comitiva oficial que se trasladou desde a Casa Consistorial ata a Catedral de Lugo, onde se celebrou a misa solemne en honra ao patrón, oficiada polo Bispo de Lugo. Posteriormente, a comitiva percorreu as principais rúas do centro histórico en procesión, nun acto que combina tradición, devoción e participación cidadá, mantendo viva a identidade cultural e relixiosa da cidade.
