Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación reafirma o seu compromiso a ASPANANE para promover a inclusión en Viveiro

JOSE TOMÉ
ASPANANE
Viveiro
O Presidente vén de asinar un acordo coa presidenta do colectivo a través do cal a institución achega 6.000€ para financiar o programa Apoio na planificación e xestión de proxectos de ocio e apoio a persoas con discapacidade intelectual

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar no Pazo de San Marcos coa presidenta de ASPANANE, María Dolores Fernández, un convenio de colaboración a través do cal a institución provincial achega 6.000€ para financiar o programa Apoio na planificación e xestión de proxectos de ocio e apoio a persoas con discapacidade intelectual. Grazas a este convenio, a entidade social poderá contar cun profesional cualificado en técnico de ocio e tempo libre, que dinamizará actividades culturais, de ocio e tempo libre adaptadas ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, fomentando a súa autonomía, integración social e participación activa.

Este programa, que comezou o pasado mes demarzo e que desenvolverá ata o mes de decembro, busca mellorar a calidade de vida e benestar físico, social e emocional dos usuarios e usuarias, ao tempo que promove a colaboración e a participación das familias. Permitirá organizar actividades no Centro de Día e no Centro Ocupacionalque ASPANANE ten en Celeiro no Concello de Viveiro, así como eventos para datas significativas como Antroido, Magosto e Nadal. 

José Tomé Roca explicou que “reafirmamos o noso compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e coas súas familias, promovendo un modelo de atención que combina inclusión, ocio de calidade e apoio individualizado”. 

Grazas ao apoio da Deputación porque este programa “permitirá mellorar a calidade de vida, o benestar físico, social e emocional dos usuarios, así como desenvolver habilidades sociais, fomentar a autoestima e potenciar a participación activa nas actividades de ocio e culturais”.