Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro recibiu ao Ensino, que xogaeste sábado o primeiro partido da Liga no Pazo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
EFRÉN CASTRO
Ensino
baloncesto
O PAZO
O vicepresidente valorou a traxectoria do equipo vermello, que disputa a “oitava temporada consecutiva na máxima categoría do baloncesto estatal”

 O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu este xoves no Pazo de San Marcos ao CB Ensino, que xoga por oitava temporada consecutiva na máxima categoría do baloncesto estatal.

O responsabel provincial transmitiu á directiva e ás xogadoras o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que mantén  unha colaboración continúa e estable co club a través dunha subvención nominativa que, neste 2025, ascendeu a 140.000 euros.

Efrén Castro puxo en valor a traxectoria do Ensino como “o cuarto equipo com máis temporadas na máxima categoría do baloncesto estatal”: “Estamos moi orgullosos de como representades á cidade e ao deporte feminino”, destacou na súa conversa coas xogadoras”.

Desde a institución e o club fixeron un chamamento a asistir ao encontro deste sábado, segundo da liga e estrea como local do equipo vermello, que se medirá ao Estepona no Pazo ás 19.15 horas.