A Asociación Galega de Arte Corporal organiza esta fin de semana em Lugo a segunda edición do festival de tatuaxes
A Capela de Santa María acollerá esta fin de semana a segunda edición do Festival de Tatuaxes de Lugo Oktober Ink, organizado pola Asociación Galega de Arte Corporal.
O evento reunirá nove profesionais da tatuaxe e da arte corporal de Galiza e de Ponferrada, que mostrarán a diversidade de deseños e técnicas desta práctica cada vez máis presente na estética contemporánea.
A actividade no recinto contará tamén cun programa de concertos, com actuacións de Yowan Vandi, Flying Mosquitos e Sintrom ni son, o sábado, e Los Alcántara e MadMartin Trío, o domingo. A organización destinará o 25% da recadación do evento á reforestación dos montes galegos.