Deputación de Lugo

O Presidente recibe ao coautor do libro sobre a historia do Pazo de San Marcos, reeditada pola Deputación con 500 exemplares

JOSE TOMÉ
libro
Pazo de San Marcos
Durante o encontro celebrado na mañá deste xoves, José Tomé Rocaentregoulle aoneto do arquitecto que deseñou o edificio provincialunha copia do novo exemplar, que se destinará como agasallo institucional

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este xoves noseu despacho do Pazo de San Marcos ao coautor da nova reedición do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II o Instituto de 2º ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, que recolle a historia e os proxectos arquitectónicos da actual sede provincial. 

O encontro ten lugar con motivo do encargo da Deputación de Lugo de realizar unha edición especial para repartila como regalo institucional, cunha tiraxe de 500 exemplares. Durante o encontro, o Presidente tamén recibiu a José Antonio Cobreros, neto de D. Nemesio Cobreros que foi o arquitecto que deseñou o proxecto do Pazo de San Marcos. José Tomé fíxolle entrega dunha copia dedicada dun dos exemplares, en recoñecemento do seu legado e ásúa contribución histórica aopatrimonio arquitectónico da provincia de Lugo. 

Este libro documenta detalladamente os proxectos vinculados ao Hospital Isabel II, ao Instituto de 2º Ensinanza e á Deputación de Lugo, consolidándose como unha publicación de referencia sobre a arquitectura e a historia da provincia. Esta iniciativa permite difundir o patrimonio arquitectónico lucense, estreitando lazos entre historia, cultura e institucións, e recoñecendo tamén o legado persoal do arquitecto que deseñou a sede provincial.