Cultura
Deputación de Lugo

Catorce obradoiros artesáns venden os seus produtos no Mercado de Nadal da Praza de San Marcos

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
artesanía
Mercado de Nadal
CENTRAD
Cerámica, complementos de coiro,  xoguetes feitos a man ou mel conforman a oferta deste mercado de artesanía, organizad

 A Praza de San Marcos acolle ata o 5 de xaneiro unha nova edición do Mercado de Nadal, con catorce obradoiros artesáns lucenses: Amigurumis Jano, Bolboretas de Coiro, Ceniza de Papel, Dalenda, Enxógate, Fonte Meimil, La Bellota Mágica, LeCoop, Portomeñekos, Meteora Handmade, Senda Coiro e Metal, Taller Patapúm, Tres Caracoles e Mel Toxalriba.

Pezas de cerámica, xoguetes feitos a man, complementos e outros obxectos elaborados con coiro  ou mel  forman a oferta do Mercado de Nadal, que ofrece a firmas de artesanía lucense a posibilidade de amosar e vender a pé de rúa os seus produtos durante estas datas.

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, o tenente alcalde de Lugo Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro percorreron os postos instalados en San Marcos e convidaron a lucenses e visitantes “a achegarse ata o Mercado de Nadal e agasallar produtos artesáns, que son garantía de calidade das materias primas e dedicación no proceso de elaboración, ademais de repercutir directamente na economía de  firmas artesáns da provincia”

O Mercado de Nadal estará aberto ata o 5 de xaneiro en horario de 11 a 14 horas pola mañá, e de 17 a 21 horas de tarde, agás os días de Noiteboa e Fin de Ano só abrirá en horario de mañá.

Obradoiros participantes

CENIZA DE PAPEL
A ceramista, deseñadora e ilustradora María Sánchez Castedo traballa coa porcelana e o gres para facer pezas utilitarias como pratos, fontes, cuncas e xarróns, que decora con imaxes de fotografía analóxica.

BOLBORETAS DE COIRO
Os complementos en forma de bolboreta son o sinal de identidade do obradoiro de Mercedes Buján. Pasadores para  pelo, broches, colgantes, cinturóns, bolsos ou carteiras inclúen esa forma natural, que dá nome ao obradoiro.

 ENXÓGATE

Puzles, pequenos autómatas, móviles e voadores, xogos de habilidade e de arrastre son algúns dos produtos á venda n posto de Antonio Fernández Vicente, autodidacta aficionado aos xogos tradicionais e de inxenio que montou  o seu taller en Quiroga no ano 2013.

LA BELLOTA MÁGICA
A ceramista Inmaculada Díaz  Cabado pon á venda no Mercado de Nadal  nacementos, pequenas pezas decorativas e souvenirs , que  destacan pola forte presenza da cor e a fantasía. Cada peza é realizada a man  con distintas  técnicas de modelado  e escultura combinadas co torno oleiro e empregando como materias arxilas de alta temperatura combinadas, en ocasións, con materias recilados como a madeira refugada.


SENDA DE COIRO
Os complementos de coiro e as pezas decorativas para o fogar son a especialidade de Adriana  Romaní e Javier de Castro,  que levan máis de 20 anos traballando con curtido vexetal ecolóxico e coa técnica centenaria do armado en coiro. As súas creacións foron evolucionando cara a liñas depuradas e cores intensas que abrazan as tendencias máis actuais, e que fan das súas pezas o complemento ideal nas pasarelas ou o foco de atención na decoración do fogar.

TRES CARACOLES

Do obradoiro de Ana  Novo, que conta co seu propio taller en Lugo, saen coleccións de complementos de moda que inclúen pinzas e agullas do pelo, boinas, diademas, pulseiras, cintos e bolsos e artigos de escritorio, que pon a venda no Mercado de Nadal.

AMIGURUMIS JANO

O posto de Alejandro García Lourés está cheo de bonecos de personaxes coñecidos como Pokémons, Son Gokus, Super Mario Bros e de figuras relacionadas coa  tradición cultural e musical galega feitas a ganchillo.

FONTE MEIMIL
O posto  da mindoniense Esther Díaz Vidal distínguese pola oferta de obxectos  confeccionados de xeito totalmente artesanal con pel de tenreira de curtido vexetal, fundamentalmente  artigos funcionais que van dende bolsos ata carteiras , pasando por axendas , espellos , chaveiros, pendentes, e torques de coiro, un dos produtos máis característicos.

DALENDA
Dalenda é un obradoiro de xoieiría artesá, que elabora a man todas e cada  unha das pezas, inspiradas na arte, na natureza, en formas orgánicas e tamén xeométricas, texturas e traballando sempre minuciosamente a cor, desenvolven deseños atemporais e especiais.  Traballan con diferentes materiais, fundamentalmente con arxila polimérica, resina epoxi e aceiro inoxidable.

LECOOP
Os obxectos de coiro, decorativos e funcionais, algúns deles combinados con cestería, son a especialidade de Víctor Montero, que se estrea no Mercado de Nadal.

MARGA PORTOMEÑE
No posto de  Marga Portomeñe atopamos pezas de cartón pedra, elaboradas con técnicas tradicionais dos artistas falleros. A artesá lucense aplica a súa experiencia en traballos de restauración de cabezudos e xigantes para crear estas pezas que destacan como obxectos decorativos pu de uso artístico.

METEORA HANDMADE
A lucense Miriam Nanín é a artífice deste obradoiro de costura creativa feita a man, con tecidos orgánicos. A súa especialidade son os complementos para crianzas. Neceseres, babeiros, “patucos”, chaveiros e fundas para chupetes ou cambiadores de cueiros son algúns dos produtos que máis locen nos seu posto no Mercado de Nada, onde tamén atopamos complementos apra todo a famlia como fundas para gafas e libro ou “tote bags.

PATAPUM
O posto de textil do Mercado de Nadal é o de Patapúm,  dos artesáns Ramiro Rodríguez Domingo que centra a su producción na creación de roupa de algodón e liño. Prendas deseñadas  e feitas con  materias que priorizan  o orgánico , e para as que utiliza tintes directos sen reactivos  químicos. Roupa pintada con pincel , organizada en pequenas coleccións de pezas únicas.

MEL TOXAL RIBA
O apicultor Manuel Tejedo vende no Mercado de Nadal o mel que produce en Navia de Suarna, nun entorno que reúne unha rica diversidade de flora, silveiras, carqueixas, castiñeiros ou uz ,que define as calidades do mel.

Selección a través dunha convocatoria aberta

O Mercado de Nadal está aberto a participación de obradoiros artesáns e artesás  inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía. O Centro de Artesanía e  Deseño abre cada ano unha convocatoria para que as firmas interesadas presenten a súa candidatura. A selección das participantes faise atendendo aos criterios fixados nas bases da convocatoria,  vinculados á calidade dos produtos e á traxectoria da firma.