Deputación de Lugo

O Pleno aproba as bases do Plan Deputación 2026, que inxectará 22,25M€ nos concellos da provincia

plan deputación
A normativa que regula esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios, seguindo criterios obxectivos, publicaranse no BOP o 7 de xaneiro, permitindo ás entidades locais traballar con máis tempo

O Pleno Ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes vén de aprobar as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos 2026, que sobe ata os 22,25M€. Esta ferramenta de cooperación económica e técnica entre a Administración provincial e os municipios segue criterios públicos e obxectivos -a poboación, o índice de envellecemento ou a dispersión territorial- e mantén un respecto total á autonomía municipal. O programa de investimentos saíu adiante grazas aos votos a favor do PSdeG, do BNG e do deputado non adscrito, e a abstención do Partido Popular.

Este acordo permitirá aos 67  concellos da provincia desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, Servizo de Axuda no Fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. A Deputación de Lugo dá así resposta ás situacións e necesidades concretas de cada municipio, reforzando a súa autonomía, xa que é cada un dos diferentes gobernos locais os que deciden en que queren investir estes fondos provinciais.

Este é o sexto ano consecutivo que o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e tempo, de forma que poden aproveitar mellor estes recursos. A normativa que regula esta ferramenta de cooperación publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 7 de xaneiro, o que permite aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos. Terán un mes, ata o 7 de febreiro, para presentar a documentación.

A distribución dos fondos por concello:

CONCELLOS

ACHEGA DEPUTACIÓN PLAN DEPUTACIÓN 2025

ABADÍN

338.703,66 €

ALFOZ

278.680,07 €

ANTAS DE ULLA

271.965,15 €

BALEIRA

280.439,69 €

BARALLA

295.881,37 €

BARREIROS

282.079,68 €

BECERREÁ

306.870,83 €

BEGONTE

301.052,85 €

BÓVEDA

247.729,48 €

BURELA

382.559,68 €

CARBALLEDO

328.688,38 €

CASTRO DE REI

401.137,04 €

CASTROVERDE

305.750,99 €

CERVANTES

348.452,98 €

CERVO

300.710,19 €

CORGO (O)

343.766,38 €

COSPEITO

365.136,17 €

CHANTADA

477.802,85 €

FOLGOSO DO COUREL

275.036,13 €

FONSAGRADA (A)

448.551,23 €

FOZ

440.477,21 €

FRIOL

415.835,14 €

GUITIRIZ

448.352,31 €

GUNTÍN

320.308,12 €

INCIO (O)

292.622,91 €

LÁNCARA

300.119,22 €

LOURENZÁ

254.552,80 €

LUGO

600.000,00 €

MEIRA

224.955,25 €

MONDOÑEDO

310.870,68 €

MONFORTE DE LEMOS

600.000,00 €

MONTERROSO

312.182,52 €

MURAS

288.388,07 €

NAVIA DE SUARNA

324.478,64 €

NEGUEIRA DE MUÑIZ

195.909,52 €

NOGAIS (AS)

251.901,97 €

OUROL

300.648,32 €

OUTEIRO DE REI

368.748,52 €

PALAS DE REI

383.462,59 €

PANTÓN

328.789,06 €

PARADELA

293.669,10 €

PÁRAMO (O)

248.992,75 €

PASTORIZA (A)

328.733,39 €

PEDRAFITA DO CEBREIRO

272.464,75 €

POBRA DO BROLLÓN (A)

288.274,32 €

POL

273.995,15 €

PONTENOVA (A)

276.380,33 €

PORTOMARÍN

266.368,92 €

QUIROGA

352.891,70 €

RÁBADE

195.574,96 €

RIBADEO

461.811,10 €

RIBAS DE SIL

232.056,39 €

RIBEIRA DE PIQUÍN

243.626,26 €

RIOTORTO

240.585,38 €

SAMOS

281.918,47 €

SARRIA

598.422,69 €

SAVIÑAO (O)

384.540,09 €

SOBER

325.670,53 €

TABOADA

328.431,30 €

TRABADA

256.932,93 €

TRIACASTELA

205.885,94 €

VALADOURO (O)

290.680,20 €

VICEDO (O)

261.674,90 €

VILALBA

600.000,00 €

VIVEIRO

600.000,00 €

XERMADE

311.523,80 €

XOVE

285.296,96 €

TOTAL

22.250.000,00 €