A Deputación participa na xornada organizada en Lugo para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, asistiron este sábado na xornada organizada en Lugo para conmemorar o Día Mundial do Síndrome de Down. Na cita, que tivo lugar no auditorio da Facultade de Veterinaria, Rivera Capón puxo en valor o traballo de Down Lugo, co que colabora a Deputación a través dunha achega de 2.000€, e sinalou que “unha sociedade avanza de verdade cando todas as persoas poden formar parte dela”.
“O traballo que leva realizando Down Lugo durante estes 30 anos para abrir camiño. Camiños para a formación, para o emprego e para a participación social. E, sobre todo, camiños para que moitas persoas con síndrome de Down poidan exercer algo tan básico como o dereito a vivir con autonomía e a tomar decisións sobre a súa propia vida”, destacou Pablo Rivera durante a súa intervención.
Aberto á cidadanía, o acto xirou en torno á entrega dos XI Premios Down Galicia que recoñeceron ao cociñeiro de Os Cachivaches, Alejandro Méndez, e á Universidade de Santiago de Compostela polo seu apoio ao colectivo. Conducido pola compañía de teatro Down Lugo e o alumnado da escola Palimoco Teatro e Danza, o evento combinou diferentes actuacións de música a cargo de Abraham Cupeiro, humor e reflexión.