A Deputación participa na Borriquita, que dá inicio ás procesións da Semana Santa de Lugo
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este 5 de abril, Domingo de Ramos, na tradicional procesión da Borriquita, que marca o inicio da Semana de Santa de Lugo. O Deputado provincial e tamén Alcalde de Lugo acompañou a comitiva que percorreu as rúas do centro histórico nun dos pasos máis atractivos da festividade relixiosa e cultural, na que participan numerosos nenos e nenas ataviados de hebreos e soldados romanos portandopalmas e ramos.
A institución provincial achega 12.000€ á Xunta de Confrarías para a celebración da Semana Santa de gran tradición na capital lucense, que contará este ano 2026 cun total 12 procesións.