Deputación de Lugo

Portomarín brinda coa tradición popular nunha nova edición da súa Feira da Augardente que conta co apoio da Deputación

Pilar García Porto
FESTA DA AUGARDENTE
Portomarín

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este domingo na última xornada da Festa da Augardente de Portomarín, que este ano celebrou a 54ª edición. A Deputada Provincial asistiu ao acto de recepción dos novos cabaleiros e damas que ingresaron na Orde Serenísima da Alquitara e ao pregón, a cargo de Esteban Ramón Pérez López, veciño da localidade. A cita celebrouse ao longo desta fin de semana e a programación incluíu numerosas actividades como: unha carreira popular, almorzo e degustación de anguía, procesión, así como numerosas actuacións musicais. A institución provincial colabora con este evento, que reuniu a numerosos veciños e visitantes, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos cunha achega de 6.000€.