Cervantes celebra a VI Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña co respaldo da Deputación
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, participou este sábado en San Román de Cervantes na sexta edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña. Esta tradicional cita conta co respaldo da institución provincial, que colabora cunha achega económica de 6.000€.
O evento comezou ás 08:00 horas coa recepción do gando e a recollida de credencias e continuou coa votación do xurado segundo as categorías a premiar. Posteriormente, tivo lugar a poxa de novelas de ACRUGA na que a Deputación vendeu tres xovencas do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. Os exemplares acadaron un prezo medio de 3.600 euros.
A Asociación Territorio Verde co apoio do Concello recuperou no ano 2019 esta tradicional feira co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense. O programa de actividades desta sexta edición tamén incluíu a entrega de premios aos mellores animais, actuacións musicais, sorteos e un concurso de vacas asturianas.