Ribadeo acollerá o domingo a terceira regata da Copa Deputacion de Piraguismo, patrocinada pola Vicepresidencia
A Ría de Ribadeo acollerá o vindeiro domingo -14 de xuño- a terceira regata da Copa Deputación de Lugo de Piragüismo, patrocinada pola Vicepresidencia.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo.
O deputado de Mocidade Daniel García achegouse a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 horas coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.