Deputación de Lugo

A Deputación participa na andaina Faise camiño ao andar, ao andar faise camiño organizada pola Federación de Veciños

miguel fernández
Federación de Asociacións de Veciños

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este sábado na andaina Faise camiño ao andar, ao andar faise camiño, organizada pola Federación de Veciños co apoio da Deputación. Fernández Méndez acompañou ás persoas que se sumaron á iniciativa, que partiu da Ponte Vella na capital lucense e rematou na zona dos Robles, co obxectivo de promover a actividade física e a posta en valor dos espazos naturais da contorna lucense.