Deputación de Lugo

A Deputación acompaña á segunda promoción do Grao en Xestión Cultural na súa graduación

USC

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres no acto de graduación da segunda promoción do Grao en Xestión Cultural no Campus de Lugo, celebrado no Salón de Actos da Facultade de Humanidades. Durante a cerimonia, felicitou aos novos titulados e tituladas por culminar esta etapa académica e destacou o papel da universidade como espazo de formación, reflexión e pensamento crítico.

Miguel Fernández puxo tamén en valor a cultura como motor de desenvolvemento da provincia e reafirmou o compromiso da Deputación coa formación e o talento da mocidade, ao asegurar que “investir en cultura e coñecemento é investir no futuro de Lugo e nas persoas que contribuirán a preservalo, enriquecelo e facelo medrar”.