Deputación de Lugo

A Deputación dá a benvida aos participantes dunha nova edición do insuaCAMP 2026

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu este luns na Casa das Insuas ás 20 persoas que participan durante esta semana no XI insuaCAMP que organiza a Asociación Galega de Custodia do Territorio e que financia a institución provincial. Trátase dunha iniciativa formativa que reúne a estudantes universitarios e persoas especializadas no estudo da biodiversidade para afondar en metodoloxías de investigación e conservación de diferentes grupos faunísticos das Insuas do Miño, na Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Durante a súa intervención, Carlos López destacou o compromiso da Deputación de Lugo coa protección do patrimonio natural e recordou ademais que “seguiremos apoiando entidades como a Asociación Galega de Custodia do Territorio, porque fomentan a formación e a investigación, facendo que espazos como as Insuas do Miño sexan tamén un referente no coñecemento e na conservación da biodiversidade”.