Deputación de Lugo

Santaballa recupera a memoria da emigración e o legado indiano co apoio da Deputación

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado na Escola da Liga Santaballesa de Vilalba na presentación da programación das XVI Xornadas sobre migración indianas e da XVI Feira do Indiano, que se celebrarán o vindeiro 12 de setembro. A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza.”