Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Comunidade de Montes de Outeiro, en Lugo, recupera dúas pistas fundamentais para a actividade gandeira co apoio da Vicepresidencia da Deputación

ÁREA MEDIO RURAL
COMUNIDADE DE MONTES DE SAN SALVADOR DE OUTEIRO
Varias persoas observan os traballos nas pistas da Comunidade de Montes
A Comunidade de Montes de Outeiro, en Lugo, recupera dúas pistas fundamentais para a actividade gandeira co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Lugo, 2 de setembro de 2026 .-   A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Arriba e Gándaras de Ceide de San Salvador de Outeiro, recuperou dúas  pistas fundamentais para a actividade gandeira da parroquia de Ombreiro, en Lugo,  coa colaboración da Vicepresidencia da Deptuacíon de Lugo

As actuacións concentráronse en dous tramos que dan acceso a ganderías e a parcelas agrarias e forestais desta propiedade comunitaria: na “pista de Naveira”, que comunica Naveira e Outeiro, e  no “camiño do monte”, entre Doel e Vilalvite, onde se localizaba o maior deterioro dos camiños, con zonas intransitables.

Os traballos centráronse na limpeza de laterais e cunetas, no rasamento e limpeza de firme,  na canalización de augas de escorrentía e  na aplicación de zahorra artificial. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro visitou as obras xunto a representantes da CMVMC e dos concelleiros Rubén Arroxo e Cristina López para comprobar de primeira man o  resultado das actuacións executadas nos últimos meses.

Efrén Castro destacou “a utilidade destas actuacións para o día a día da veciñanza de Ombreiro, tanto no que respecta a actividade gandeira como a desprazamentos entre distintos núcleos de poboación, que poden acurtar utilizando estas pistas” e valorou “a importancia da labor de xestión do territorio que desenvolve a comunidades de montes na contorna da cidade de Lugo”.

A actuación supuxo un investimento de 69.000 euros, financiados con fondos propios da mancomunidade -39.000 euros- e da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación, que achegou 30.000 euros.