A Deputación participa na segunda edición da andaina solidaria Holi Run de Aspnais
A institución provincial colabora con esta asociación mediante a cesión das antigas instalacións do Hospital San Xosé e a concesión dunha achega económica anual de 5.000 euros
A Deputación participou este sábado na segunda edición da Holi Run de Aspnais, unha andaina solidaria que percorreu as rúas do centro de Lugo para reivindicar a inclusión das persoas con discapacidade intelectual e compartir unha xornada de convivencia.
O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou na actividade xunto ás familias e persoas usuarias de. O percorrido, de preto de dous quilómetros para andaina e catro para a carreira, partiu da rúa Santiago.
A institución provincial mantén unha colaboración anual de 5.000 euros con Aspnais para o seu programa de intervención psicolóxica e ten cedidas á asociación as antigas instalacións do hospital San Xosé.