O Museo Provincial de Lugo acolle o venres a presentación dun ensaio de Iria Friné Rivas Vázquez sobre a imaxe gráfica da campaña a favor do Estatuto, da que se cumpren 90 anos
Lugo, 22 de setembro de 2026.- O Museo Provincial de Lugo acollerá o venres -25 de setembro, ás 19:00 horas – a presentación do libro “Quen conduce o Estado. Arte, ideas, artistas e movementos que deron forma á vitoria do Estatuto de Galicia de 1936” de Iria-Friné Rivera Vázquez.
O ensaio, editado pola área de Cultura da Deputación da Coruña, recolle parte do material gráfico creado para a campaña a favor do Estatuo e analiza a súa transcendencia cultural e política no contexto das correntes artísticas e do pensamento europeo.
Notas de Iria Friné Rivas Vázquez sobre a obra
Creatividade. Modernidade. Alma. Estes foron os elementos que sustentaron en grande medida a imaxe pública da campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936. Unha campaña feita a medida da vontade de desbloquear o potencial que as masas podería ter e que non era posible ao non conxurar medios e canais propios, especialmente debido as loitas materiais que experimentaban.
O Estatuto de Autonomía viña a recoller este punto, tendo como alicerce o recentrar principios fundamentais sobre os que se contribuíu a democracia como o pluralismo, unha sociedade diversa na que toda a cidadanía galega fora atendida.
Estes puntos fixéronse tanxibles nunha linguaxe común, na que púxose en práctica a Revolución Estética Galega. Pancartas, folletos, filmes, música, danzas, pasarrúas, roupa e sobre todo mitins e carteis transformaron os espazos públicos e edificios oficiais ata xerar unha atmósfera efervescente e luminosa que traducía o aspecto mais vital do espirito galego.
Con Camilo Díaz Baliño como cerebro da campaña, as xestións exercidas por figuras como Anxel Casal –alcalde de Santiago e vicepresidente da Deputación da Coruña–, asociacións agrarias e dos ámbitos da educación, os negocios e a comunicación (especialmente a radio e a prensa), o imaxinario da campaña xerado por artistas como Luís Seoane, Carlos Maside, López Bouzas, Vidarte, Castelao e Isaac Díaz Pardo estendeuse en cidades, vilas, aldeas e vilares por toda Galicia e mais alá dela, espertando a admiración da sociedade coetánea e institucións gobernamentais en Europa e América.
A campaña do Estatuto galego fixo realidade esa vontade, respectada no ideal que sostiñan figuras como Azaña de “somos todos fillos do mesmo sol e contribuíntes a mesma corrente”.