Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A III Milla Urbana Lucus achega o atletismo ao San Froilán co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Milla Urbana
concello de lugo
San Froilán
A III Milla Urbana Lucus achega o atletismo ao San Froilán co apoio da Vicepresidencia da Deputación
As categorías de formación e a Milla Popular teñen aberta a inscrición ata o xoves 8 de outubro

Lugo, 2 de outubro de 2026.- O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, participou na presentación da III Milla Urbana Lucus, organizada polo Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, que terá lugar no mediodía do vindeiro sábado 10 de outubro.

A xornada, que se celebrará na contorna da Horta do Seminario,contará con diferentes probas destinadas ás categorías de formación (desde sub-8) ata a categoría Élite, tanto na modalidade feminina como masculina, completándose coa Milla Popular. As inscricións nas categorías de menores e para a Milla Popular permanecerán abertas ata o xoves 8 de outubro, incluído.

Efrén Castro sinalou a singularidade desta proba que “leva ao epicentro do San Froilán unha distancia emblemática do atletismo como é a milla” e asegurou que “será unha cita moi atractiva para a cidadanía que se atope gozando das festas e tamén para quen se achegue, especificamente, para ver as probas

Ademais, destacou o traballo do Club Atletismo Lucus Caixa Rural e o seu “esforzo por achegar o atletismo a toda a cidadanía coa organización deste evento, pero tamén no día a día coa escola de atletismo”.