Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deportes e mocidade

Produtos de razas autóctonas no Mercadiño no Outono de Barreiros co programa Un gusto de rural , un rural degusto da Vicepresidencia da Deputación

UN GUSTO DE RURAL
Barreiros
Produtos de razas autóctonas no Mercadiño no Outono de Barreiros co programa Un gusto de rural , un rural degusto da Vicepresidencia da Deputación

Barreiros, 11 de outubro de 2026.- 0 programa de promoción de produtos de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto da Vicepresidencia da Deputacióm estivo presente no Mercadiño no Outono, organizado este domingo polo Concello de Barreiros.

A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.