Éxito rotundo das xovencas da Deputación na CVI Poxa de Adai ao venderse os 15 exemplares presentados, a un prezo medio de 3.713 euros
Os animais adxudicados irá a explotacións de Monterroso, Ribadeo, O Corgo, Sarria, A Fonsagrada, Láncara, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Toques (A Coruña).
As 14 poxas celebradas ó longo deste ano 2026 alcanzan un prezo medio récord de máis de 3.600 euros, o que supón case 500 euros máis que no ano 2025, o cal evidencia a calidade do gando criado na granxa da Deputación.
As xovencas de raza rubia galega provintes da Granxa Gayoso Castro, centro dependente da Deputación de Lugo situado en Castro Riberas de Lea, foron as grandes protagonistas da CVI Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega celebrada este sábado no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo.
O éxito da poxa radicou en que foron adxudicadas a totalidade das 15 novelas preñadas ofertadas, logrando un prezo medio de 3.713 euros por animal.
O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro, acudiu a esta cita gandeira de carácter nacional, que supón a última poxa do ano. O rabaño provincial, xestionado en colaboración coa Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA), consolídase así como un dos principais referentes na mellora xenética desta raza autóctona.
Poxa de récord: adxudicada unha xovenca por 5.000 euros
O interese dos gandeiros polas xovencas da Granxa Gayoso Castro reflectiuse nas elevadas poxas. Cunha prezo de saída inicial de 2.900 euros por xovenca, só dous animais foron adxudicaron polo prezo de saída, mentres que o resto oscilou entre os 3.200 e os 5.000 euros. A media final de venta foi de 3.713 euros.
A cotización máis alta acadouna unha xovenca de 23 meses con excelentes índices xenéticos, vendida por 5.000 euros a unha explotación de Láncara, que tamén mercou outro animal.
Os animais adxudicados irá a explotacións de Monterroso, Ribadeo, O Corgo, Sarria, A Fonsagrada, Láncara, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Toques (A Coruña).
As xovencas teñen entre 18 e 27 meses de idade, están preñadas de entre 1 e 5 meses, e presentáronse con bos índices xenéticos e boas xenealoxías.
Un ano histórico para o centro de recría provincial
Coas vendas celebradas hoxe no Corgo, péchase o calendario de poxas de 2026 batendo marcas históricas.
Grazas á calidade do gando criado na granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, os animais pechan o exercicio cun prezo medio récord de máis de 3.600 euros, en concreto, 3.607 € de media nas 14 poxas celebradas ao longo do ano, o que supón case 500 euros máis que no ano 2025.
Neste senso, o deputado provincial Iván Castro, puxo en valor o traballo que se realiza dende o centro público de Castro Riberas de Lea para achegar ao sector gandeiro, a través deste tipo de certames, animais de alta calidade xenética.
Ademais da poxa, a feira contou con exemplares da Deputación para a exposición que tivo lugar no recinto de Adai. Tamén participaron na poxa dous machos procedentes de gandeiros particulares, dos cales foi adxudicado finalmente un, partindo dun prezo de saída de 4.300 euros, e alcanzando finalmente os 6.000 euros.
A xornada rematou cunha degustación de tenreira de raza rubia galega.