Os institutos Lamas das Quendas e Daviña Rei acolleron as últimas presentacións da curta “Descensos”
Lugo, 30 de outubro de 2026.- A curtaxe “Descensos” rematou hoxe o seu ciclo de presentacións por Centros Educativos, coas dúas ultimas proxeccións, nos IES Lamas das Quendas en Chantada, e Daviña Rei en Monforte.
A curta, que une documental e ficción conta a historia de dous descensos polos ríos Miño e Sil, que realizron un grupo de mozos e mozas no ano 1982 cunhas lanchas salvavidas de orixe soviética atopadas nun desguace de Vigo.
Aos materiais orixinais: fotografías analóxicas e películas de Super 8, únense o relato oral actual dalgunha das persoas participantes nos descensos así como a narración dun diario ficcionado, conectando a viaxe cun relato sobre os anos da Transición en Galiza e o rexurdir da música tradicional.
Ademais, a actividade nos institutos incluía obradoiros sobre formatos audiovisuais analóxicos que achegou ao alumnado unha pequena mostra de cámaras, películas, cintas e outros aparellos analóxicos, dándolles a oportunidade de explorar e experimentar a historia do audiovisual.