Deputación de Lugo

A presidenta da Deputación avanzará este luns no Parlamento de Galicia os Orzamentos de 2027 baixo a premisa de “67 concellos, as mesmas oportunidades”

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, comparecerá mañá luns, 2 de novembro, no Parlamento de Galicia para dar conta das liñas que marcarán os Orzamentos da administración provincial para o ano 2027.

O proxecto económico da Deputación para o próximo exercicio vén marcado pola premisa de que Lugo é unha provincia formada por “67 concellos” que deben ter “as mesmas oportunidades”, avanzou a presidenta da institución.

López exporá as principais cifras dos seus primeiros Orzamentos como presidenta da Deputación, despois de que a principios de xaneiro a socialista se puxera á fronte da institución. 

A comparecencia de López na Cámara galega permitirá coñecer cales serán as principais liñas de acción do goberno provincial durante o próximo ano. O obxectivo é continuar atendendo as necesidades dos veciños, especialmente dos concellos máis pequenos, e seguir coidando o territorio e contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social.
 
A intervención desenvolverase no marco da sesión informativa da Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos, que se celebrará no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela.

A sesión comezará ás 11.30 horas e poderase seguir en directo a través da web oficial do Parlamento de Galicia: https://www.es.parlamentodegalicia.es/EmisionDirecto.