“Cantar ben ou cantar mal non importa. Importa cantar xuntas” lema do Galeguía que comeza este venres 13
Lugo, 10 de novembro de 2026.- A deputada de Cultura, Iria Castro, xunto con Neves Núñez, coordenadora do proxecto, Ana Cabana, Vicerreitora de Cultura da USC e Xoán Fuertes, músico e responsable do concerto final do encontro, presentaron este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o proxecto Galeguía, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación, e que dará os seus primeiros pasos esta fin de semana.
Iria Castro describiu o proxecto como “rupturista e necesario: nun momento tan individualista é interesante unirse no colectivo”
Pola súa banda Neves Núñez explicou o programa sinalando “todo o que nos poden contar as palestras” exemplificándoo no “Movimento Primavera de Coros”: “en Portugal despois da Pandemia empezaron a xurdir pequenos coros, proxectos onde facer colectivo, organizados nun movemento nacional no 2025 que está a ter unha importancia primordial nas mobilizacións en Portugal, creando un movemento social a espallar”.
O I Encontro Artístico de Canto de Mulleres Galeguía, no que xa están inscritas preto de 60 persoas, propón un intercambio cultural e artístico entre comunidades de mulleres de Cabo Verde, Brasil, Portugal e Galiza, a través do canto comunitario,
As actividades estarán acompañadas por artistas e investigadoras como Vania Couto, mestra do Coro das Mulheres da Fábrica, Ugía Pedreira do grupo de cantareiras Erikas e Peluxías, e outras profesionais especializadas en canto comunitario e música tradicional.
Programa definitivo
Venres 13 – Pazo de San Marcos
10.15 Presentación do I Encontro Artístico Galeguía
10.30 Palestra: O adufe e a Palavra Cantada: música tradicional como proceso vivo e potenciador do colectivo. Liliana Abreu
Pausa-Café
12.00 Palestra: O Batuko, canto colectivo das mulleres da Illa de Santiago (Cabo Verde). Luzia Oca
13.15 Obradoiro de canto colectivo. Vânia Couto
16.00 Obradoiro/1º ensaio de canto comunitario de canción popular lusófona. Vânia Couto
18.00 Obradoiro de Toque de adufe e pandeireta. Coro das Mulheres da Fábrica e as Erikas e Peluxias
Sábado 14
Pazo de San Marcos
10.30 Palestra: Movimento Primavera de Coros (Portugal). Matilde Simões
Pausa-Café
12.00 Palestra/Obradoiro: A saúde de cantar en comunidade. Ugía Pedreira
16.00 Obradoiro de Batuko. Batuko Tabanka
Auditorio da Facultade de Veterinaria
17.30 Obradoiro/2º ensaio de canto comunitario de canción popular lusófona. Vânia Couto e Vanerli Beloti
19.00 Concerto: Vânia Couto e Xoán Fuertes. Acompañan: Ugía Pedreira, Liliana Abreu, Miguel Díaz Valdês, Dulce Cruz, e polas voces do Coro das Mulheres da Fábrica, Erikas e Peluxias e Batuko Tabanka.
Domingo 15: Salón de actos da Casa do Saber
11.00 Xuntanza/conversa para todas as persoas que estean interesadas en participar na creación dun grupo de canto colectivo.