DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
(DEBERÁ CREAR UN NOVO EXPEDIENTE NA SEDE ELECTRÓNICA)
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
DOCUMENTACIÓN ACTIVIDADE COMPETITIVA FEDERADA
DOCUMENTACIÓN ORGANIZACIÓN DE EVENTOS
Os requerimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a xustificación finalizará o dia 31 de marzo de 2023 (venres)
_______________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 01 DE SETEMBRO DE 2022
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO, MEMORIA HISTÓRICA
_______________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACIÓN NO BOP DE DATA 05 DE AGOSTO DE 2022
_______________________________________________________________________________________________________________
De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Sede electrónica
Subvencións
Subvencións concorrencia competitiva
Alta de solicitude
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
IMPORTANTE: toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Acceder e identificarse na sede electrónica da Deputación
Entrar en "O meu cartafol"
Os meus expedientes
Incorporar documentación
No caso de presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 052 – sábado 05 de marzo de 2022), polo tanto remata o venres 18 de marzo de 2022.
Documentación que debe presentar: Actividade competitiva federada
Documentación que debe presentar: Organización de eventos
Información: 982 260 263
carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org