__________________________________________________________________________________________________________
XUSTIFICACIÓN
DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA
De acordo coas bases reguladoras publícanse os modelos para xustificar as subvencións concedidas.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace (DEBE CREAR UN NOVO EXPEDIENTE):
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
Siga os seguintes pasos:
Prema no enlace
Prema na carpeta que indica “Tramites xerais”
Prema en “Presentación de escritos”
Prema en “Alta de solicitud”
IMPORTANTE: Toda a documentación deberá estar en formato PDF
DOCUMENTACIÓN ACTIVIDADE COMPETITIVA FEDERADA
Facturas polo importe da subvención concedida (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS AO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
Comprobantes de pagamento das facturas presentadas
Documento bancario actual do CLUB co CIF
DOCUMENTACIÓN ORGANIZACIÓN DE EVENTOS
Facturas polo importe da subvención concedida (DEBERÁ ESCANEAR AS FACTURAS E INCORPORALAS AO EXPEDIENTE ELECTRÓNICO)
Comprobantes de pagamento das facturas presentadas
Documento bancario actual do CLUB co CIF
Os requirimentos de emenda de documentación realizaranse a través da sede electrónica.
O prazo para presentar a documentación xustificativa finalizará o dia 31 de marzo de 2025.
__________________________________________________________________________________________________________
PUBLICACION NO BOP 177 DE DATA 1 DE AGOSTO DE 2024:
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA
__________________________________________________________________________________________________________
ACORDO DE CONCESIÓN PROVISIONAL DE SUBVENCIÓNS EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS DA PROVINCIA DE LUGO, ANUALIDADE 2024
De acordo co punto 10, ACORDOS DE CONCESIÓN E NOTIFICACIÓNS das Bases da convocatoria, e ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, o acordo de concesión provisional do procedemento non será obxecto de notificación individualizada senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP, concedendo un prazo de dez (10) días hábiles a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOP para a presentación de alegacións.
Así mesmo, o citado acordo publicarase na paxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.org.
PUBLICACIÓN NO BOP 156 DE DATA 06 DE XULLO DE 2024:
ÁREA DE DEPORTES, ARTESANÍA E DESEÑO E MEMORIA HISTÓRICA
__________________________________________________________________________________________________________
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE: MÉRCORES 27 DE MARZO (INCLUIDO)
Tendo en conta as diversas incidencias producidas no acceso e proceso de sinatura e rexistro telematico e na aplicación @firma da rede SARA, que puideron afectar á presentación de solicitudes dentro da convocatoria do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo da anualidade 2024, aprobada por acordo de Xunta de Goberno de 1 de marzo de 2024 e cuxo extracto se publicou no BOP nº 058 de data sábado, 9 de marzo de 2024.
Tendo en conta o previsto no artigo 32.4 Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Pública sestablece que:
4. Cando unha incidencia técnica imposibilitase o funcionamento ordinario do sistema ou aplicación que corresponda, e ata que se solucione o problema, a Administración poderá determinar unha ampliación dos prazos non vencidos e deberá publicar na sede electrónica tanto a incidencia técnica acontecida como a ampliación concreta do prazo non vencido.
Por Resolución de Presidencia de 22 de marzo de 2024, en base ao establecido no artigo 10 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, acordouse:
Primeiro.- Avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local para:
1º. Aprobar a ampliación ata o día 27 de marzo de 2024 (inclusive) do prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades e clubs deportivos da provincia de Lugo da anualidade 2024, aprobada por acordo de Xunta de Goberno de 1 de marzo de 2024 e cuxo extracto se publicou no BOP nº 058 de data sábado, 9 de marzo de 2024.
2º. Publicar a resolución de ampliación de prazo na sede electrónica da Deputación de Lugo conforme ao previsto polo artígo 32.4 de la Ley 39/2015, de 1 de octubre. E publicar así mesmo, o presente acordo no BOP de Lugo.
3-. Dar conta a Xunta de Goberno na primeira sesión que se celebre.
____________________________________________________________________________________________________________________
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios telemáticos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Deputacion de Lugo.
As solicitudes, ANEXOS e documentación que corresponda, deberán formularse con sinatura electrónica segundo corresponda, por presidente/a e/ou secretario/a.
De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN
Toda a documentación deberá presentarse a través da sede electrónica e en formato PDF.
Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Asi mesmo, calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude.
Se desexa presentar máis dunha solicitude deberá crear un expediente INDIVIDUALIZADO para cada unha delas, é dicir, crear expresamente un novo expediente para cada solicitude.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP núm. 058, do sábado 09 de marzo de 2024), polo tanto remata o venres 22 de marzo de 2024.
EMENDA DE DOCUMENTACIÓN
Unha vez revisada a documentación presentada, no caso de ser preciso, enviarase un requirimento a través da sede electrónica.
Recoméndase actualizar o enderezo de correo electrónico para a recepción das notificacións.
A forma de recibir a notificación é a seguinte:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
PRESENTACIÓN DA NOVA DOCUMENTACIÓN
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/system/modules/sede/index
DOCUMENTACIÓN
Actividade competitiva federada, documentación que debe presentar:
Copia do documento nacional de identidade do representante legal da entidade.
Copia do NIF da entidade.
Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
Copia de certificado de inscrición no rexistro deportivo da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club/entidade ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
No caso de ter vehículo de titularidade do club/entidade, no caso de gastos de gasolina:
Copia, no seu caso para a acreditación da titularidade, de certificación da Xefatura Provincial de Tráfico da titularidade do vehículo do club/entidade.
No seu caso, declaración da indicación da necesidade de transporte para os elementos da competición.
Organización de eventos, documentación que debe presentar:
Copia do NIF da entidade.
Estatutos da entidade, inscritos no rexistro correspondente (no caso de non telos presentados con anterioridade)
Copia de certificado de inscrición no rexistro deportivo da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club/entidade ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data de publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
Información: 982 260 263
carmen.culturaedeporte@deputacionlugo.org