Menu toggle
Deportes

PUBLICACIÓN DA CONCESIÓN

Para os efectos oportunos, publícase a listaxe de premios do procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de premios para deportistas individuais da provincia de Lugo, disciplina automobilismo, especialidade rally de asfalto, terra ou montaña na anualidade 2020, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2020, e que se reflicten na listaxe que se achega

Publicación concesión premios deportistas automobilismo 2020

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.galPara a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo. 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Tramites xerais
  • Presentación de escritos
  • Alta de solicitude

Ou tamén a través do seguinte enlace:

 

https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do

 

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Prazo para a presentación de solicitudes: 10 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de Lugo. (BOP Núm.235 do mércores, 14 de outubro de 2020), polo tanto o prazo remata o 28 de outubro de 2020.

Cada deportista só poderá presentar una única solicitude (Anexo I) e optar a un único premio, independentemente do número de modalidades deportivas que practique.

Bases

Documentación que debe presentar:

  •  Anexo I

  • Anexo II

  • Copia do NIF do interesado/a (no caso de ser menor de idade na data de solicitude deberán achegar tamén a copia do NIF do pai/nai/titor/a e asinar esta persoa todos os anexos).

  • Certificado orixinal de empadroamento do/da solicitante no concello da provincia de Lugo correspondente, no que deberá constar de forma expresa a data do seu empadroamento, co fin de verificar o requisito da base Segunda A.1 (antigüidade ininterrompida, polo menos, dende o 1 de xaneiro do 2019).

  • Documento bancario acreditativo de conta bancaria, no que necesariamente figurará o/a deportista solicitante como titular e con data de expedición actualizada.

  • DOCUMENTACIÓN DE CARÁCTER DEPORTIVO PARA A VALORACIÓN DA SOLICITUDE:

    • Certificación oficial da respectiva federación que acredite:
    • a) A posesión da correspondente licenza federativa oficial do piloto/a durante a anualidade 2019 e no momento da solicitude do premio (ano 2020).
    • b) Acreditación na certificación federativa de que durante a tempada 2019 (véxase bases da convocatoria) 
    • c) Resultados deportivos e datos deportivos (véxase bases da convocatoria)
    • d) Acreditación documental da pertenza a unha escudaría da provincia de Lugo, mediante declaración responsable da respectiva escudaría (véxase bases da convocatoria)

Extracto convocatoria

 

NOTA: Ha de terse en conta que a cada premio concedido seralle de aplicación a respectiva retención de IRPF.

 

Información: 982 260 148 e 982 260 271

Axenda Deportes e Mocidade

June 2025

Sun
01
Mon
02
Tue
03
Wed
04
Thu
05
Fri
06
Sat
07
Sun
08
Mon
09
Tue
10
Wed
11
Thu
12
Fri
13
Sat
14
Sun
15
Mon
16
Tue
17
Wed
18
Thu
19
Fri
20
Sat
21
Sun
22
Mon
23
Tue
24
Wed
25
Thu
26
Fri
27
Sat
28
Sun
29
Mon
30
Tue
01
Wed
02
Thu
03
Fri
04
Sat
05