¿Que é o BOP?
A continuación pode consultar información sobre o Boletín Oficial da Deputación de Lugo:
O Boletín Oficial da Provincia é un servizo público de carácter provincial, competencia propia das Deputacións, ás que lles corresponde a súa edición e xestión.
A dirección e coordinación do Boletín Oficial da Provincia de Lugo atribúese á Secretaría Xeral, correspondendo a xestión administrativa e malia edición do mesmo ao Negociado de Administración do BOP- Servizo de Comunicación e TIC.
O BOP é o xornal oficial no que se publican as disposición de carácter xeral e as ordenanzas, así coma os actos, editos, acordos, notificacións, anuncios e demais resolucións das Administracións Públicas e da Administración de Xustiza do ámbito territorial provincial, así como doutras administracións, cando así está previsto en disposición legal ou reglamentaria. Asemade, tamén poderán publicarse os anuncios de particulares que teñen que ser inseridos de acordo coa lexislación vixente ou para a información xeral.
Así pois, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Lugo é unha publicación de carácter oficial que xestiona a Deputación de Lugo. O BOP é o instrumento de información pública que utilizan o conxunto das administracións para dar a coñocer a súa xestión, facela máis transparente e permitir a participación dos cidadáns.
A Lei 11/2007, de 22 de xuño, de Acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos, veu consagrar a relación coas Administracións Públicas por medios electrónicos coma un dereito dos cidadáns e coma unha obriga das Administracións.
Co criterio de que os boletíns oficiais non poden quedar á marxe deste novo marco xeral de relación, por vía electrónica, entre os poderes públicos e os cidadáns, a Deputación Provincial de Lugo implantou o BOP electrónico coma único formato de edición oficial.
Dende a web do BOP centralízase toda a información referente ó Boletín e se externalizan os servizos de consulta, a tramitación telemática de anuncios e a notificación da publicación dos mesmos, mediante o uso do certificado dixital e outros medios seguros.
Os servizos que se ofrecen na páxina web do BOP son unha adaptación ás novas tecnoloxías e supoñen un avance de cara á eficacia e axilidade na xestión da publicación de anuncios. O acceso universal e gratuíto da edición electrónica do BOP garante poder obter de maneira sinxela e inmediata todos os anuncios publicados dende o mesmo día da súa edición, e que o usuario poida reproducilos, se o desexa, en soporte tradicional.