¿Que é o Servizo de Teleasistencia Social no Fogar?
É unha prestación social de atención inmediata.
Trátase de instalar un dispositivo no domicilio da persoa usuaria que permita de ser necesario a mobilizacións de recursos ante unha situación de emerxencia ou necesidade no domicilio.
Ademais desta atención inmediata ante unha urxencia, tamén se levan a cabo chamadas de comprobación e seguimento que alivian moitas veces o sentimento de soidade non desexada que sofren moitas persoas nos seus fogares.
¿Quen pode solicitar o Servizo de Teleasistencia Social da Deputación de Lugo?
Pódeno solicitar persoas que estén empadroadas en municipios de menos de 20.000 habitantes da nosa provincia e se atopen nunha situación de necesidade, vulnerabilidade ou risco por razón social ou sanitaria. Ademais ten que reunir os seguintes requisitos:
Ter liña telefónica e subministración eléctrica no domicilio no que se ten que implantar o servizo.
Non padecer limitación ou incapacidades que impidan entender e usar axeitadamente o dispositivo.
Ter asignada unha persoa de referencia coa que se poida contactar en caso de necesidade e que a súa vez teña as chaves da vivienda da persoa usuaria, para acceder en caso de necesidade.
Non ter sido valorado como persoa con dependencia no marco da Lei de dependencia. No caso de ter sido valorado como persoa con dependencia e ser persoa usuaria deste servizo, retiraráselle o dispositivo cando se lle instale o outro que se lle recoñeza mediante o Sistema para a autonomía e atención a dependencia.
¿Quen ten preferencia no acceso ao servizo?
O acceso prodúcese en función da dispoñibilidade de dispositivos e da puntuación que se lle outorgue á persoa na valoración da súa solicitude
¿Como se solicita?
Con carácter xeral, será o/a traballador/a social do concello de referencia a quen deba dirixirse para informarse e solicitar o servizo.
O/A traballadora social de referencia valorará o recurso e emitirá un Informe Social e un Baremo Único Provincial.
¿Que documentación se ten que presentar? (preme para descargar os seguintes documentos)
Fotocopia do DNI/NIE, e no seu caso, o do seu representante legal.
Fotocopia da tarxeta sanitaria
Certificado de empadroamento conxunto
Calquera outra documentación de valor probatorio, que se considere necesaria para a avaliación dos criterios da ordenanza reguladora.
¿Canto custa o servizo?
O servizo é gratuíto, xa que a Deputación de Lugo está a asumir o 100% do seu custe.
¿Onde podo obter información?
Pode solicitar información nos servizos sociais comunitarios do seu concello.
Tamén pode contactar cos servizos sociais da Deputación de Lugo a través do:
Número de teléfono: 982260138
Correo electrónico: servizossociais@deputacionlugo.org
Para máis información pode consultar os seguintes documentos (preme para descargar os seguintes documentos):
ESPAZO PARA PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS (preme para descargar os seguintes documentos) |
|