Menu toggle
Benestar Social

Rede de Centros Públicos de Atención a Maiores da Deputación de Lugo 

 

portada

 

A Deputación de Lugo, xunto con diversos concellos da provincia, subscribiron convenios interadministrativos que permiten a construción e xestión de centros destinados ás persoas maiores.

Os centros de atención a maiores (en diante, CAM) pretenden ser un modelo de atención integrado no marco dos servizos sociais comunitarios específicos, dotando aos servizos sociais municiopais de recursos para os veciños e as veciñas, e tendo como prioridade que non se produza unha rotura coa súa contorna, evitando o desarraigo territorial.

 

¿Quen pode solicitar praza no centro?

 

Os centros diríxense ós veciños/as da provincia de Lugo, que teñan máis de 65 anos, ou maiores de 60 anos en casos excepcionais, e que precisen dun recurso de atención por razóns sanitarias e/ou sociais.

 

¿Quen ten preferencia no acceso ó recurso?

 

Cando se fai unha solicitude, os servizos sociais do propio concello, ou da Deputación de Lugo, realizan unha valoración e asignan unha puntuación segundo un baremo aprobado nas ordenanzas reguladoras. Neste baremo ten un peso protagonista a vinculación da persoa co centro, tendo os veciños/as do municipio e que polo tanto están arraigados a ese territorio máis posibilidades de acceder. Trátase dun modelo de atención que pretende que a xente que se relacionou toda a vida pase esta etapa vital xunta de novo evitando así o desarraigo territorial e social.

Isto non significa que veciños e veciñas doutros municipios non poidan acceder, pero farano pola orde de puntuación do seu baremo.

 

¿Onde podo obter información?

 

  • No caso de estar empadroado/a no mesmo municipio onde se atope o centro, tense que dirixir ós servizos sociais do seu concello, que lle informarán dos requisitos e procedemento para o acceso.

 

  • Se se atopa empadroado/a nun municipio diferente onde se atopa o centro, ten que dirixirse aos servizos sociais da Deputación de Lugo. Pode chamar por teléfono ou mandar un correo electrónico para informalo/a ou resolver dúbidas:

 

                                            Número de teléfono: 982 260 138

                                            Correo electrónico: servizossociais@deputacionlugo.org

 

¿Onde obteño o modelo de solicitude, e que documentación teño que aportar?

 

Ten que presentar unha solicitude e un Anexo IV para cada centro no que queira solicitar praza

(prema nos enlaces para descargar os modelos)

 

E terá que presentar unha única documentación para todas elas:

 

¿Onde presento a solicitude e a documentación?

Pode achegar a solicitude e a documentación no rexistro da Deputación de Lugo ou en calquera rexistro administrativo público. Tamén pode dirixir a súa solicitude e a súa documentación mediante correo postal á seguinte dirección:

 

A/A Servizos Sociais da Deputación de Lugo

 

Praza San Marcos núm. 8 CP 27001 Lugo

 

Actualmente, ¿a que centros podo presentar a solicitude?

 

Os centros aos que pode presentar a súa solicitude son:

Se preme en cada un dos seus nomes poderá consultar a ordenanza de acceso de cada un deles:

 

Para máis información pode consultar os seguintes documentos:

 

 

 A NOSA REVISTA​​  AS NOSAS COUSAS​​