Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación colabora coa promoción da X edición de Son d’Aldea a través de audiovisuais

Deputación de Lugo
turismo
Presentación de Son d'Aldea
A parroquia de Santiago de Albá, en Palas de Rei, acollerá o 3 e 4 de setembro a décima edición desta cita que busca recordar a época de apoxeo do mundo rural e reivindicar as súas posibilidades económicas

García Porto destacou que “esta cita permite vivir unha experiencia única en primeira persoa, lembrando aos nosos maiores. Dende a institución provincial queremos que chegue a máis xente e axudaremos a facelo co traballo do Servizo de Audiovisuais”

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes,  no Parladoiro de Arqueixal de Palas de Rei, na presentación da décima edición de Son d’Aldea que terá lugar o 3 e 4 de setembro. Durante o acto, estivo acompañada polo Alcalde da localidade, Pablo José Taboada Camoira, o presidente da Asociación Son d’Aldea, Afonso García Penas, e doutros membros da organización.

A décima edición deste evento reunirá, na parroquia de Santiago de Alba, a 300 persoas nun “encontro que permite vivir en primeira persoa como era a vida da aldea nos anos 40 e 50 e manter a lembranza de cando o rural era o motor da nosa economía e tradición; unha lembranza que aínda vive na memoria dos nosos maiores”, destacou a Deputada.

García Porto sinalou que “dende a Deputación quixemos estar a carón desta cita e darlle visibilidade. Deste xeito, apostamos, a través do Servizo de Audiovisuais provincial, pola elaboración e difusión do evento achegándoo a máis xente e permitindo unha maior visibilidade para unha cita única”. Durante dous días os asistentes poderán desfrutar de gran variedade de actividades, como actuacións musicais, rutas teatralizadas ou conferencias. Para a reserva de prazas e maior información pódese visitar a web de Son d’Aldea, https://sondaldea.es/


Programa
Venres 3 de setembro:
- 17:00 Xornadas de debate: Intervención Social no Medio Rural
Conferenciantes: Manuel Vieites e Alicia González
- 20:00 horas: Presentación dos libros: Son’Aldea 2016 e Son d’Aldea 2019
- 20:30 horas: Actuación do grupo “Comando Curixás”

Sábado 4 de setembro:
- 10:00 horas: Roteiro teatral
- 15:00 horas: Xantar na Aldea
- 17:00 horas: Xogos Populares
- 19:00 horas: Contacontos de Celso Sanmartín
- 21:00 horas: Actuación de Luar na Lubre