Deputación de Lugo

O Presidente asina a venda dunha novaparcela no polígono da Gándara, en Friol

José Tomé Rocaformalizou no Pazo de San Marcos e ante notario, asinatura desta compra e asegurou quecon esta nova operación, “conseguimos superar o 50% da ocupacióndeste parque empresarial, favorecendo o asentamento de novas empresas e contribuíndo ao impulso da actividade económica no rural da provincia”

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos e ante notario, a compra venda dunha nova parcela no polígono da Gándara, no concello de Friol. 

Trátase da parcela número 11 que foi vendida á empresa Daniel Santos Dablanca, dedicada á reparación de maquinaria, por un importe de 33.412€. Desta xeito, a día de hoxe, neste polígono a institución provincial ten vendidas 30 parcelas, das 55 existentes, quedando libres 25 parcelas.

José Tomé asegurou que, con esta nova operación, “conseguimos superar o 50% da ocupación no parque empresarial friolés, favorecendo o asentamento de novas empresas e contribuíndo ao impulso da actividade económica na nosa provincia”. 

O Polígono da Gándara conta cunha superficie total de arredor de 91.000 metros cadrados de solo urbano industrial, dos que uns 38.000 m² permanecen dispoñibles para a implantación de novos proxectos empresariais. Esta infraestrutura continúa a consolidarse como un espazo estratéxico para o desenvolvemento económico e industrial da comarca, pola súa situación privilexiada, preto da cidade de Lugo e ben comunicada con outros puntos da provincia.

No resto dos parques industriais que xestiona a Deputación de Lugo a dispoñibilidade é de 12 parcelas no polígono de Baleira, das 27 existentes; 16 en Cospeito, pois xa hai 8 parcelas reservadas pendentes de formalizar á venda, do total de 24 dispoñibles; 2 en Ourol das 3 coas que conta; 17 das 19 que había inicialmente no de Paradela; e 3 das 12 iniciais do complexo de Begonte. No de Chantada, xa están todas vendidas.