Deputación de Lugo
Emprego

O prazo para canxear os Bonos Impulso da Deputación remata mañá

Deputación de Lugo
bonos impulso
O presidente supervisou o reparto dos Bonos
As persoas beneficiarias dos descontos deben gastalos antes do xoves nos negocios adheridos a esta campaña impulsada pola institución provincial para apoiar aos sectores máis afectados pola crise sanitaria

Repartíronse 17.000 bonos de 30€, para compras dun mínimo de 60€, para consumir en todo tipo de actividade comercial, hostaleira e de servizos, agás bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías

Os Bonos Impulso da Deputación de Lugo poden ser canxeados ata mañá xoves, 30 de setembro. A institución provincial repartiu 17.000 bonos de 30€, para un consumo dun mínimo de 60€, para consumir en todo tipo de actividade comercial, hostaleira e de servizos, agás á compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías. Realizouse un reparto equitativo entre os concellos da provincia, e por orde de inscrición, seguindo criterios obxectivos, como a poboación, o número de persoas en situación de desemprego e o número de empresas dadas de alta no IAE (Imposto de Actividades Económicas). 

A Deputación de Lugo destina 510.000€ para os Bonos Impulso, unha inxección económica en termos de consumo porque, segundo os estudos económicos dos técnicos, o impacto económico de cada euro investido multiplicarase por tres, chegando polo tanto a mobilizarse uns 1,5M€ na hostalería e o comercio de proximidade.

Cada beneficiario ou beneficiaria debe consumir o seu Bono nos establecementos adheridos ao concello no que reside, xa que esta medida naceu co propósito de xerar actividade económica nos 67 municipios da provincia de Lugo. Deste xeito, os sectores máis afectados pola crise sanitaria, como o comercio e a hostalería, poden beneficiarse e ver incrementado o consumo nos seus negocios.