O Presidente dá a benvida a unha vintena de novos empregados e empregadas da Deputación
![Toma posesión Toma posesión](/sites/deputacionlugo.org/files/2021-10/221021%20Toma%20de%20posesi%C3%B3n%20traballadores%20provinciais.jpg)
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, presidiu, na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, o acto de toma de posesión dunha vintena de novos traballadores e traballadoras da institución provincial. O persoal que se incorpora levará a cabo as súas funcións nas áreas de Benestar Social, a través da rede de residencias provinciais, Turismo, Cultura, Recursos Sostibles e Protocolo e Relacións Institucionais. Durante o acto, tamén estivo presente a Secretaria da institución, María Esther Álvarez, e o Xefe da área de Recursos Humanos, Jesús Arrizado.