Deputación de Lugo

O Presidente participa na homenaxe aos expresidentes do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos de Galicia

O Presidente de Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado no acto de homenaxe aos expresidentes do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos que acolleu o auditorio Afundación de Lugo. Un recoñecemento organizado polo Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos onde o mandatario provincial expresou publicamente os seus parabéns a toda a traxectoria desenvolvida e ao compromiso que exerceron co cargo as persoas homenaxeadas. Na súa intervención, Tomé Roca aproveitou para louvar publicamente “o excepcional traballo que desenvolveron os profesionais sanitarios durante a pandemia, tanto en primeira liña ou dende a parcela da súa disciplina. O conxunto da profesión médica e sanitaria tivo un compromiso exemplar coa saúde e co benestar da cidadanía, loitando contra o virus, pero tamén dando directrices que nos axudaban a todos a coidar a nosa saúde durante as épocas de confinamento”.